publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O CIM da Guarda organiza o obradoiro “Violencia de xénero e o novo contexto dixital”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello da Guarda vai levar a cabo o día 19 de xaneiro no IES A Sangriña, un obradoiro educativo que leva por título “Violencia de xénero e o novo contexto dixital” dirixido ao alumnado de 3º e 4º da ESO. Este obradoiro vaise centrar no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xurden no contexto dixital: ciberviolencia de xénero, grooming, sexting…

Esta actividade está subvencionada pola Secretaría Xeral da Igualdade, enmarcada dentro das actuacións da Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero, cuxo obxectivo principal é a busca do rexeitamento social e institucional da lacra que supón a violencia contra as mulleres, sensibilizando á poboación e buscando a súa implicación e compromiso real en contra da mesma, fomentando ao tempo modelos alternativos de convivencia baseados no respecto e na igualdade. 

18 de xaneiro de 2017 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.