publicidade hoxe

O Casa do Concello da Guarda acollerá este venres un pleno xuvenil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

Este venres 27 de xaneiro a Casa do concello da Guarda acollerá un Pleno moi especial. Cara ás 10:15 horas da mañá dará comezo un pleno xuvenil no que participarán alumnos e alumnas de 1º e 2º da E.S.O. do Instituto A Sangriña.

Os rapaces e rapazas poderán aprender de primeira man en que consisten os plenos, cal é parte da actividade que se leva a cabo no seu concello e participar nun Pleno organizado pola Concellería de Educación no que as súas opinións e suxestións serán escoitadas e tidas en conta polos representantes municipais, que de seguro tomarán boa nota do sentir destes alumnos e alumnas.

26 de xaneiro de 2017 | 13:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.