publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Campus Deportivo de Gondomar visita o Pesca 1 e os Bombeiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+
Visita dos cativos ao parque dos bombeiros

Visita dos cativos ao parque dos bombeiros

Os nenos e nenas que participaron nas IV Xornadas Deportivas e Solidarias do Concello de Gondomar, en total case 60 participantes,  visitaron o pasadovenres o parque de Bombeiros de Teis-Vigo e o helicóptero de gardacostas Pesca 1 .

As xornadas deportivas foron organizadas polaConcellería de Deportes do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro. Durante toda a semana pasada os participantes do campus deportivo  practicaron todo tipo de deportes: tenis, baloncesto, taekwondo, fútbol, balonmano, hockey, zumba, atletismo,  etc. Aprenderonas normas de todos estos deportes e conviviron entre eles desfrutando dassuasvacacions de nadal. Taméntiveron tempo para aprender normas de seguridade viaria en unha visita as instalacións da Policía Local de Gondomar ademáis de recibir un curso de primeiros auxilios impartido por un gardacostas do equipo do Pesca 1.

Os nenos e nenas, de entre 6 e 12 anos, pecharon así unha semana chea de novas experiencias coa visita os Bombeiros e o Pesca 1. Unha visita que  a Concelleirade Deportes, Nuria Lameiro non quixo perderse, participando en todo momento das actividades  da xornada.

AConcellería de Deporte quere agradecer a sua colaboración a: os monitores participantes; o Club de Baloncesto Nigrán-Gondomar; a Sociedade Atlética Valmiñor ;a Sociedade Deportiva Abetos; o Vincios Futbol Sala Cereixa; o Gondomar Futbol Base; o Club de Tenis Gondomar; e os Gardacostas de Galicia, Pesca 1 e os Bombeiros de Teis-Vigo. 

2 de xaneiro de 2017 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.