publicidade hoxe

O Campo do Alivio será o punto de partida da Cabalgata de Reis de Tomiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+

A Cabalgata de Reis do Concello de Tomiño,sairá mañá, 5 de xaneiro, dende o Campo do Alivio ás 16.30 horas.O percorrido transcorrerá polas rúas céntricas con rumbo á Praza do Seixo. Neste punto terá lugar a recepción dos nenos e nenas por parte das Súas Maxestades os Reis; a entrega de agasallos e reparto de papeletas para o sorteo dunha bici, tablet, patins, drons, etc.

O sábado 7 de xaneiro, dentro da programación de Nadal organizada polo Concello, chega“O mundo máxico de Pinocho”. A función, a cargo de Educa Teatro, será no Auditorio de Goián, ás 18.00 horas, con entrada de balde para nenos e nenas e de 3 euros para adultos.

Pechará o programa outra obra de teatro infantil-musical, “Vaioviravai – As andanzas de Paio”. Tamén no auditorio, ás 18.00 horas. Coma na anterior actividade, a entrada será de balde para o público infantil e de 3 euros para o adulto.

4 de xaneiro de 2017 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.