publicidade hoxe

O Auditorio Municipal de Ribadumia celebra un homenaxe e inaugura unha exposición de pintura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O concello de Ribadumia informa que Ribadumia é cuna de artistas, e o próximo domingo día 15 quedará constancia no Auditorio Municipal de Ribadumia.

Xa que as 19 horas dará comezo ao homenaxe que tanto a súa familia como amigos están a organizar con cariño e ilusión para Celso Varela, como recoñecemento a súa carreira e a unha vida entregada a música, durante a cal participou por exemplo na Orquestra Poceiro.

Homenaxe que despertou o interese de veciños e achegados, xa que as invitacións para poder asistir foros esgotadas nos primeiros días. Durante tan emotivo acto terán lugar actuacións dos grupos M80 e Añoranza.

Pero ademais este mesmo día a partir das 19 da tarde quedará inaugurada a exposición do pintor ribadumiense Pepe Noya, que para todos os que o desexen e se inscriban no Concello realizará visitas guiadas explicando cada unha das súas obras.

 Deste xeito o Auditorio Municipal de Ribadumia e os seus veciños e veciñas terán unha cita este fin de semana co arte en dúas vertentes ven diferentes como a música e a pintura.

12 de xaneiro de 2017 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.