O alcalde vigués valora a significación do programa solidario “Unha Bici, un Sorriso”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+
Abel Caballero na visita ao local no que se almacenan as bicicletas

Abel Caballero na visita ao local no que se almacenan as bicicletas

O alcalde vigués visitou este luns o parque central de Lavadores, onde se almacenan as bicicletas doadas pola cidadanía dentro desta iniciativa. Establecementos colaboradores as reparan para logo doalas a familias que o precisen. Cada ano se entregan unhas setenta bicis, segundo revelou Caballero.

O programa ten carácter anual, mais toma unha especial relevancia nas datas de Nadal, explicou o rexedor. A campaña “Unha bici, un sorriso” -que promove o Concello e a asociación A Golpe de Pedal, coa colaboración de numerosos establecementos- recolle bicicletas en desuso que se poidan arranxar e entregar a familias da cidade que as precisen para os seus cativos.

No proxecto cooperan nestes momentos 15 tendas viguesas: Anca, Biciocon, Bicitotal (Coruxo e Travesas), Cero Emisiones, Cromoly, Duranbike, Galicia en Bici, Gonzalo Aguiar, Máis que bicis, Nbike, SportPAsion, Trek, VigoBike e Xtrembike, que amais de encargarse das reparacións funcionan como punto de recollida das doazóns. Os cidadáns interesados en participar poden facelo en calquera destas tengas ou chamando ao teléfono 010.

2 de xaneiro de 2017 | 16:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.