publicidade hoxe

O alcalde de Boqueixón cobrará un salario líquido mensual de 1.979,49 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoqueixón
A-
A+

O Pleno municipal de Boqueixón previsto para hoxe ás 20:30 horas establecerá a organización municipal tras o nomeamento do novo alcalde do concello, Manuel Fernández Munín. As propostas da alcaldía serán previsiblemente aprobadas, xa que o grupo de goberno conta con maioría absoluta. Deste xeito, establecerase unha dedicación exclusiva para o novo alcalde igual que a que percibía o anterior rexedor, un total de 38.844,40 euros brutos ao ano, o que significa un salario líquido mensual de 1.979,49 euros.

Na Xunta de Goberno local entrará o novo terceiro tenente de alcalde, Antonio González Barral, que se suma así ao alcalde e aos primeiro e segundo tenentes de alcalde, Mary Botana e Jesús Sanjuás. Tamén se aprobará a inclusión na Comisión de Contas da nova concelleira popular Ana Alonso, polo que este órgano queda composto polo alcalde e os concelleiros Jesús Santasmarinas, Alejandro Bermúdez, Ana Alonso, Xabier Canabal e Perfecto Barcala, estes dous últimos do grupo da oposición Veciños de Boqueixón.

Na estrutura de concellarías destaca a creación da de Xuventude e Voluntariado, que estará ocupada por Ana Alonso. Polo demais, Mary Botana seguirá en Educación, Cultura e Deportes, Jesús Sanjuás na de Servizos Xerais, Seguridade e Medioambiente, Antonio González Barral na de Industria, Ana Seijo na de Servizos Sociais e Igualdade, Jesús Santasmarinas na de Terra e Monte e Alejandro Bermúdez na de Formación, Emprego e Turismo.

Ademais, o Pleno tamén escoitou a información da alcaldía, designou os representantes municipais nos órganos colexiados, aprobou a delegación de competencias da alcaldía na Xunta de Goberno e recoñeceu unha factura de 2015 de Gas Natural Fenosa por valor de 1.525 euros, que será abonada con cargo ao orzamento de 2017

11 de xaneiro de 2017 | 12:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.