publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O 21 de xaneiro volven os Contos Contados cunha xornada adicada a Cervantes e Shakespeare

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

Este sábado 21 de xaneiro celébrase a primeira cita deste ano 2017 cos Contos Contados na Biblioteca Municipal da Guarda. Desta volta, a partir das 11’30 horas, tódolos que se acheguen ata a Biblioteca poden asistir a unha xornada adicada a homenaxear a figura de dous dos escritores máis recoñecidos e influentes da literatura universal: Cervantes e Shakespeare.

Esta será a quinta cita dos Contos Contados deste curso 2016/17. O primeiro “Contos Contados” da tempada serviu para presentar a Heraldo, a elixida como mascota da Biblioteca; a segunda sesión centrouse na celebración do Samaín e a terceira na figura dos avós. En decembro adicouse unha sesión especial de Contos Contados ao Nadal e nesta ocasión, Contos Contados homenaxea a Cervantes e Shakespeare, dous dos autores máis importantes da Historia da literatura. A xornada contará cun contacontos e, a continuación, realizarase un obradoiro.

Dende a Concellería de Cultura convídase ás familias da Guarda a acudir este sábado á Biblioteca nunha data na que os asistentes poderán ampliar os seus coñecementos sobre dous destacadas figuras da literatura como son Cervantes e Shakespearee, dun xeito divertido e ameno.

18 de xaneiro de 2017 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.