Novo torneo de fútbol sala para veteráns en Carnota
Organízase a II Liga de Fútbol Sala do Concello de Carnota e por primeira vez de veteráns (a partir de 30 anos). Os partidos disputaranse con carácter ordinario os venres pola tarde, a partir das 20:00 horas, no Pavillón de Carnota. Os xogadores terán cumpridos 30 anos e en cada equipo pode haber un máximo de dous xogadores menores de 30 e maior de 18 anos, así como o número máximo de xogadores será de 12 e mínimo de 5 por equipo.
A primeira fase xogarase por sistema de liga ida e volta e os 4 primeiros mellor clasificados pasarán a semifinais e a final. O premio consistirá nun trofeo para o campión e subcampeón, así como unha cea para o primeiro clasificado.
O prazo para anotarse estará aberto ata o luns 13 de febreiro. O sorteo realizarase o seguinte martes no salón de actos do concello ás 10:30 horas para que a liga comece o venres 17 de febreiro.