Ningún cativo sen agasallo de Nadal
Grazas aos Cómplices dos Reis Magos que son quen de acadar o obxectivo marcado: ningún neno, ningunha nena sen agasallo de Nadal. Un total de 465 pequenas e pequenos están acollidos ao programa EnVolve que xestiona a Fundación Meniños da man de Redeaxuda. Pero foron moitos máis os cómplices que participaron xa que houbo agasallos mercados por varios cómplices, cómplices que quedaron en lista de agarda, cómplices que non chegaron a selo por estar cubertas as necesidades…. a todos e todas GRAZAS.











