Modificación da estación que presta o servizo da ITV para a maquinaria agrícola e de obras e servizos
Dende a Dirección de Estacións ITV Móbiles de Vehículos Lixeiros e Agrícolas informan da modificación da estación ITV Móbil que pasa a inspección á maquinaria agrícola e de obras e servizos no concello da Guarda.
A partir deste ano 2017 os vehículos agrícolas e de obras e servizos pasan a ser inspeccionados na Guarda só pola ITV Móbil 10 agrícola.
Deste xeito, os turismos e furgóns lixeiros seguirán sendo atendidos pola ITV Móbil 6 de vehículos lixeiros, pero a partir de agora, coa entrada do novo ano, esta deixará de inspeccionar maquinaria agrícola e de obras e servizos.
Deste xeito a ITV Móbil 10 atenderá aos vehículos agrícolas e de obras e servizos cando veña á Guarda, de acordo a un calendario que se dará a coñecer en canto se estableza.
A modificación pode derivar en cambios nas datas de visita da Móbil agrícola respecto a anos anteriores polo que recomendamos que para calquera consulta sobre o tema os interesados se poñan en contacto co servizo de atención ao cliente no 981903000. Ademais, poden consultar todo o calendario anual das ITVs Móbiles na páxina web www.sycitv.com.