publicidade hoxe

Moda, arte e música únense pola solidariedade en #BarroFashion

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarro
A-
A+

A Asociación Cultural “Amigos da Fervenza da Barosa” de Barro, pon fin ao “Nadal Solidario en Barro” na súa 5ª edición coa celebración do desfile #BarroFashion o vindeiro sábado día 28 de Xaneiro no Pazo da Crega en San Antoniño (Barro).

Con 44 modelos femininas e 5 modelos masculinos, profesionais e amateurs, entre as que están presentes gañadoras de certames de Misses, a pasarela de Barro acollerá 16 pases de moda, xoias, tocados ou lencería, desde as 21.00 horas

A tenda Kukubara realizará un pase infantil, D´Noa desde Barro presentará tendencias en sportwear, a tenda de próxima apertura en Barro, Trasniños, achegará roupa de comuñón <sent\>e Mi Vestidor Azul de Cuntis as coleccións de roupa xoven, ás que se unirán Chamonix de Pontevedra, cun pase de festa e coctel.

Novamente nesta ocasión #BarroFashion fará unha chiscadela á moda dos complementos, coas xoias e deseños da Loló Diseños de Vigo, os alumnos da Escola Técnica de Xoiaría do Atlántico desde Vigo e os tocados de Sensharo que chegan desde A Estrada. E unha aposta pola zapatería de autor con La Tía Tula tiene Tela, desde Vigo.

Tampouco podía faltar nesta ocasión a aposta polos xóvenes deseñadores de Galicia ou mesmo consolidados, e para iso o desfile contará coa presenza das deseñadoras Thalita Dumont, finalista en Xuventude Crea 2016 e MFShowLab by Pandora,  Maribel Pelaez de Pin Factory, Estefanía Carreira de EC Moda, Ana Augusto de MyRedMoon e Caelum MC desde Caldas de Reis.

No backstage pondo a punto todo o desfile estarán desde Barro, Luz Domínguez de LD Peluquería coa barbaría, desde Moraña, Isa Nails coa sesión beauty á que acompañará Espazo Belo da Estrada.

A singularidade do desfile correrá a cargo de D’Allegro, artista multidisciplinar, As Vagalumes Danza, e Damián Barber da Barbería de Damián de Barro, que encherán de sorpresas a pasarela vermella de #BarroFashion, que foi patrocinada por Viña Moraima co son de Universe DJ,  e que conta coa colaboración do Concello de Barro.

Un total de 12 fotógrafos foron acreditados para participar en #BarroFashion.

Lembramos que o acceso é gratuíto colaborando con 1 quilo ou 1 litro de alimento non perecedoiro.

26 de xaneiro de 2017 | 14:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.