publicidade hoxe

Miguel Villa presenta o sábado o seu libro “La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla, 3ª parte” no Centro Cultural da Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

Este ano celébrase o centenario do MASAT, o Museo Arqueolóxico Monte Santa Trega, que foi creado pola Sociedade Pro-Monte no ano 1917. Dentro do amplo abano de actividades que conmemorarán tan destacada data, este sábado terá lugar o primeiro dos eventos programados. O Centro Cultural da Guarda acollerá o sábado 28 de xaneiro, ás 20’30 horas, a presentación do libro “La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla, 3ª parte”, do historiador e investigador guardés Joaquín Miguel Villa Álvarez.

Este libro supón a terceira parte da súa serie de libros na que fala da historia desta sociedade pero tamén da propia sociedade e vida política da Guarda. Esta terceira obra, que abarca dende o ano 1939 ata o 1979 e leva por subtítulo “unha larga e fructífera permanencia”, continúa a afondar na última etapa da Sociedad Pro-Monte Santa Tecla, completando así os dous volumes anteriores: “La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla (1ª parte: 1912-1928)” e “La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla (2ª parte: 1928-1939)”.

Deste xeito dan comezo, con este evento, as actividades de conmemoración do centenario do MASAT, que incluirán obradoiros, exposicións e diversas publicacións, como a de Villa. Para todos aqueles que desexen adquirir o libro “La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla, 3ª parte”, o poderán facer o propio sábado tras a presentación, a  un prezo de 26 euros. Ademais, con cada exemplar do mesmo regalarase un exemplar da obra “Citania y Museo Arqueológico de Santa Tegra” de Xoán Martínez Tamuxe.

26 de xaneiro de 2017 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.