Mercado de arte, artesanía e deseño na Fundación Luis Seoane

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

Este martes día 3 e mércores día 4 terá lugar, en horario de 17:00h a 22:00h un mercado de arte, artesanía e deseño no claustro da Fundación Luis Seoane, para poder rematar as festas agasallando obras de creadores locais.

O mercado contará con máis de 20 participantes e aos postos de venda sumaránselle as seguintes actividades:

Desenvolto por Emcouros:

Obradoiro para facer bólas de malabares en coiro. Martes e mércores de 19:00 a 20:00h.

Desenvoltos por Plano Pementa:

Obradoiro en familia: construír unha historia. A partir de compartir as nosas experiencias e traballando xuntos, faremos un conto ilustrado que logo poderemos levar para casa e reler ou reescribir cantas veces queiramos. Martes 3 de 17:30 a 19h.

Xogos colaborativos: iniciación á performance para nena/os.Coñeceremos a performance a través de pequenos exercicios e xogos colaborativos reflexionando sobre o corpo e a súa relación co espazo. Mércores 4 de 18:00 a 19:00h.

Sistema Lupo

Obradoiro de arquitectura máxica para nenos adicado ás ilusións ópticas, ilusións visuais, trampantoxos, relacións fondo figura e outras especies de espazos invertebrados. Mércores de 17:00 a 18:00h.

2 de xaneiro de 2017 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.