publicidade hoxe

Medio Rural atende as propostas dos empresarios do Deza para mellorar o sector primario na comarca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Belén do Campo na reunión co presidente da AED

Belén do Campo na reunión co presidente da AED

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, reuniuse co presidente da Asociación de Empresarios de Deza (AED), Antonio Lamas, e coa secretaria técnica desta entidade, Chus García. O obxectivo deste encontro foi atender as propostas e suxestións realizadas por esta asociación en relación co sector primario da devandita comarca.

Esta xuntanza foi solicitada pola AED para facer entrega á directora xeral dun informe sobre o agro dezao. Belén do Campo agradeceu aos empresarios esta achega de documentación e comprometeuse a avaliar as súas ideas e iniciativas para mellorar o sector agrogandeiro.

As propostas desta asociación teñen que ver coa tramitación das axudas de incorporación de mozos e mellora das explotacións, así como a xestión de proxectos vinculados á actividade gandeira. Ademais, a AED propón que se amplíe a información que ofrece a Consellería sobre as axudas da PAC e que se avance na posta en valor da Oficina Agraria Comarcal de Lalín, que actualmente está impulsando o departamento autonómico.

25 de xaneiro de 2017 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.