María Rozas reúnese cos novos membros da Real Academia Galega de Lingua Portuguesa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
María Rozas na reunión cos novos membros

María Rozas na reunión cos novos membros

A primeira tenente de alcalde, María Rozas, recibiu esta mañá a Irene Neto e Gilva de Oliveira, novos membros da Academia Galega de Lingua Portuguesa, entidade nacida en Compostela o 1 de decembro de 2007.

Irene Neto é filla do activista angolano Agostinho Neto e presidenta do Conselho de Administración da Fundación que leva o seu nome, ademais de ser deputada polo Movemento Popular de Liberación de Angola. Pola súa banda, Gilvan de Oliveira é profesor adxunto no Departamento de Lingua e Literatura Vernáculos da Universidade Federal de Santa Catarina e secretario executivo adxunto da MAAYA – Rede Mundial de Multilinguismo, con sede en París.

13 de xaneiro de 2017 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.