publicidade hoxe

Linguaxe de signos e reciclaxe de bixutería, primeiras actividades da OMIX da Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

A OMIX do Concello da Guarda, dependente da Concellería de Xuventude, lanza xa a súa primeira proposta de accións formativas e lúdicas para o ano 2017. Os cursos ofertados para estes dous primeiros meses de ano son: linguaxe de signos, curso que repetimos tendo en conta a boa acollida da pasada edición e un obradoiro, dentro da corrente do faino ti mesmo/a, de bixutería de reciclaxe (elaboración de complementos orixinais, diferentes e renovados).

O curso de linguaxe de signos terá unha cota por participante de 25€ e o obradoiro de bixutería será gratuíto. Toda a información e inscricións poderase atopar na OMIX, a través do teléfono 986614546, no mail informacion@aguarda.es ou no perfil de FACEBOOK, a partir do día 9 de xaneiro de 2017.

12 de xaneiro de 2017 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.