publicidade hoxe

Lalín elixe aos gañadores dos Premios da Gastronomía de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocal Portada
A-
A+
Xurado dos Premios da Gastronomía de Galicia

Xurado dos Premios da Gastronomía de Galicia

Elisa Sánchez Crespo do Restaurante O Moderno de Oza dos Ríos (A Coruña), Dolores Piélago do Restaurante Guardia Ríos de Baralla (Lugo), Antonio Gómez do Restaurante Novaíño de Piñeira de Arcos (Sandiás-Ourense) e María Diéguez do Restaurante Casa Sánchez de Rodeiro (Pontevedra) gañaron os XXI Premios de Gastronomía de Galicia na modalidade “Toda unha vida dedicada á Gastronomía Galega” que se outorga ás persoas cunha dedicación especialmente destacada na Cociña en cada unha das provincias galegas.

Francisco Javier Corral Amoedo do Restaurante Veiramar Arcade recibiu o Premio ao profesional que máis se distinguiu na potenciación da Cociña Galega en Galicia e Jesús García do Restaurante Alabaster de Madrid ao profesional que máis se distinguiu na potenciación da cociña galega fóra de Galicia.

Tamén foi recoñecido o C.I.F.P Compostela como empresa ou entidade que máis contribuíu á promoción da gastronomía galega e Leche Bohal-Granja Romero levou o premio ao Pequeno Produtor Galego.

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña presidiu o xurado que contou coa presenza do subdirector do Centro Superior de Hostalería de Galicia, Luis Sierra Rial.  Tamén estiveron presentes os representantes das asociacións “Amigos da Cociña Galega”  José González Soya e Argentino Aguíar, Marta Vázquez, directora do C.I.F.P Compostela, José Martínez Vidal do Club Gastronómico Rías Altas, Alfredo Castrelo, da Asociación Gastronómica Xantares, José Luís Iglesias, membro do Eurotoques, Leira e Xantares, José Antonio Rivera, delegado en Galicia de Eurotoques, Miguel Ángel Campos e Manuel García da Asociación Nove Grupo Gastronómico e Davinia Rielo e Diego López en representación da hostalería local. 

23 de xaneiro de 2017 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.