“la Caixa” e a Asociación de Artesáns de Ourense fomentarán a contratación de persoas en risco de exclusión social

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A presidenta da Asociación de Artesáns de Ourense, Olga Santos Pereira; o director de área de negocio de “la Caixa” en Ourense, Fernando Garza; o presidente provincial de Cruz Vermella Española en Ourense, Felipe Ferreiro, e Carlos Rosón de Igaxes3,  en representación do Grupo Incorpora Galicia, asinaron un acordo que ten como obxectivo fomentar a integración laboral de persoas con especiais dificultades para acceder a un posto de traballo e promover accións de responsabilidade social empresarial no marco do programa Incorpora da Obra Social “la Caixa”.

Desde o ano 2006, a Obra Social “la Caixa” fomenta, co programa Incorpora, a inserción ao mundo laboral de persoas en situación ou risco de exclusión, como parados de longa duración, ex recluídos, mozas en situación de vulnerabilidade, inmigrantes e vítimas de violencia de xénero, entre outros colectivos.

A Asociación de Artesáns de Ourense colaborará con Incorpora mediante o fomento da contratación e formación de persoas pertencentes a colectivos desfavorecidos e co impulso de accións concretas no ámbito da responsabilidade social empresarial. 

Pola súa banda, Incorpora prestará información e asesoramento especializado a esta asociación de empresarios sobre subvencións e axudas á contratación e á creación de emprego para persoas con especiais dificultades de inserción. 

A través do programa Incorpora Cruz Vermella en Ourense  traballa, entre outros colectivos, con mulleres en risco de exclusión social, fundamentalmente a maiores de 45 anos, vítimas de violencia de xénero, mulleres con responsabilidades familiares non compartidas, traballadoras da economía informal e inmigrantes. 

No pasado ano 2016, 92 mulleres participaron nestes proxectos, das cales 56 lograron acceder ao mercado laboral; en total traballamos con 27 mulleres que sufriran violencia de xénero, das que 10 conseguiron un emprego. Ademais contactouse con 94 empresas ás que se brindou o servizo de intermediación laboral, que proporciona un apoio integral e inclúe todas as etapas do proceso, desde a formación e a selección até a propia incorporación das persoas. 

A intervención con mulleres que sufriron violencia de xénero complementouse co Proxecto Violencia: Tolerancia Cero, tamén financiado pola  Obra Social “la Caixa”, onde 15 persoas participaron en talleres  de mellora da empleabilidad para mulleres en situación de vulnerabilidade, especialmente mulleres que sufriron violencia de xénero.

31 de xaneiro de 2017 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.