Humor e música na programación do Teatro Colón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A semana entrante chegará ao Teatro Colón da man do humorista coruñés Oswaldo Digón, que presentará o venres 27 de febreiro, ás 20:30 horas, o seu novo espectáculo, tras o éxito de “Gente Triste”. “Anecdologíaé o rexistro das crónicas que escoitei, vivín e lin agardando que o aeroporto, viaxando en tren o sinxelamente sentado nunha cafetería. Non todas son auténtica, algunhas non aconteceron ou acontecéronlle a persoas diferentes a aquelas a quen se atribúen, pero todas teñen unha gran dose de comedia”, explica o artista, cuxas entradas están xa á venda con prezos a partir dos 11€.

E o sábado será a quenda do Rey. Elvis Presley volta á vida nas táboas do Teatro Colón o sábado 28 a partir das 20:30 horas no espectáculo “Elvis Vive”, do artista Greg Miller.Aclamado pola crítica de todo o mundo ano tras ano e actor en “Leaving Las Vegas” xunto a Nicolas Cage, Greg Miller presenta neste espectáculo gravacións íntimas que amosan a súa relación con Elvis Presley. O artista coñeceu a Elvis Presley na súa mocidade e mantivo unha estreita relación co mesmo nos seus últimos anos de vida. A súa magnífica presenza e coidada voz desembocaron no seu recoñecemento a nivel mundial. As entradas están xa á venda a partir de 21€.

23 de xaneiro de 2017 | 18:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.