publicidade hoxe

Foro Europa 2001 outorga a medalla de ouro ao mérito profesional ao vicepresidente de ADETO

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+

Este luns pola mañá o noso vicepresidente, Manel Riveiro, achegouse ata a nosa sede para compartir con David Vila, Presidente de Adeto, e con todos os socios o galardón outorgado por FORO EUROPA 2001 en MERITO Ó TRABALLO.

O Foro Europa 2001 é unha entidade de  debate sobre Europa e ten por finalidade crear encontros para o intercambio e divulgación de  ideas e coñecementos entre dirixentes da vida empresarial, cultural e política. A entidade otorgou a Manel Riveiro a medalla de ouro ó mérito profesional, distinción que se concede a profesionais e personalidades de distintas institucións en recoñecemento ao seu prestixio profesional, configurándose como un galardón que se outorga en base a criterios obxectivos de profesionalidade, constancia e excelencia.

A cerimonia de entrega do premio celebrouse o pasado 20 de xaneiro no The  Westin  Palace, de  Madrid, onde Manel recolleu persoalmente o premio  da man do Presidente do  Foro D. José Luis Salaverría.

Manel Riveiro, Perruqueiro de profesión, empresario por accidente e FORMADOR por vocación, é un destacado no seu ámbito, considerado por profesionais de España, Portugal e Italia como un referente da última década. Perruqueiro dende 1990 e Emprendedor dende 1995, destaca na última década pola súa labor no seu salón e pola incesante formación que imparte en todo o sur de Europa.

“Este premio quero dedicalo a todos e cada un dos pequenos e medianos comercios, e especialmente ás PERRUQUERIAS,  pola súa loita constante para progresar en esta época voraz das grandes superficies, isto demostra que con traballo e esforzo os pequenos tamén podemos estar  ahí arriba”, nos comenta Manel.

 

25 de xaneiro de 2017 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.