Feijóo preside a XXII edición da entrega dos Premios Diego Bernal en Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
O presidente da Xunta na entrega do Premio Diego Bernal. Foto: C. Paz

O presidente da Xunta na entrega do Premio Diego Bernal. Foto: C. Paz

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe, durante a celebración da XXII edición da entrega dos Premios Diego Bernal, que este ano lle foi outorgado ao xornalista Fernando Salgado, a importancia do labor xornalístico para transmitir a realidade, explicala e axudar a interpretala.

Sobre o premiado desta edición, o titular da Xunta destacou a súa traxectoria profesional lembrando que “Salgado fiscalizou a política económica do goberno de Albor como xefe da sección de Economía de La Voz de Galicia; pasou a ditar esta política como conselleiro na lexislatura de González Laxe; controlou o Executivo de Fraga como líder da oposición parlamentaria e encabezou a relación do goberno bipartito cos medios como secretario xeral de Comunicación”.

Feijóo aseverou que todo recoñecemento é merecido para un comunicador “sen o que non se podería entender a Galicia autonómica”. 

24 de xaneiro de 2017 | 16:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.