Estudantes de Vilaboa e Pontevedra farán o roteiro Castelao
Mañá, xoves 19 de xaneiro, dous grupos de estudantes de 4º de ESO do CPI do Toural- Vilaboa e do IES Luís Seoane de Pontevedra realizarán o roteiro Castelao polas rúas da zona histórica de Pontevedra.
30 alumnos de 4º de ESO do CPI do Toural-Vilaboa, farán a primeira saída as 10 horas desde a praza da Ferraría.
Ás 12 comezará o percorrido un grupo de 50 alumnos de 4º de ESO do IES Luís Seoane de Pontevedra.
A actividade inclúe unha visita á Sala Castelao do Museo de Pontevedra e ao edificio modernista da Fundación Caixa Galicia, onde se situaba o Café Moderno.
O Concello de Pontevedra segue a ofrecer estas visitas guiadas pola Pontevedra máis vencellada a Castelao, co obxecto de ligar o uso da lingua galega aos espazos urbanos da cidade, recuperar e difundir a memoria histórica inserida no contorno xeral da historia de Galicia e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.
Por mor da climatoloxía adversa, ou por outras circunstancias, esta visita podería sufrir modificacións. De ser así, procuraremos mantelos informados.











