publicidade hoxe

Entréganse os premios do campionato de tute de Ames que contou con 24 participantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+

O pasado venres, 20 de xaneiro, entregáronse os premios do quinto campionato municipal de tute, que contou con 24 participantes. O alcalde de Ames, e concelleiro de Deportes, José Miñones, entregoulle o correspondente trofeo ás tres mellores parellas do campionato. O acto de entrega celebrouse na Casa da Cultura de Bertamiráns. Este acto forma parte da programación deportiva anual que desenvolve o Concello de Ames.

O tute é un dos xogos de cartas con máis tradición en Galicia. Son moitos os que sentan arredor dunha mesa para pasar un anaco de tempo entretido xogando a este xogo de cartas. Por iso, dende o Concello de Ames, a través da concellaría de Deportes, organizaron un campionato de tute, que se desenvolveu na cafetería da Casa da Cultura de Bertamiráns dende mediados do mes de novembro ata mediados de xaneiro. Neste campionato participaron un total de 12 parellas.

O campionato xogouse durante dous meses. As partidas disputáronse dous días á semana na cafetería da Casa da Cultura de Bertamiráns. Unha vez rematado o torneo, realizouse a entrega de premios. A parella campioa foi a formada por Paulino González e Francisco Pérez; a segunda mellor parella estaba composta por Serafín Castro e Ramón Recioy; e José Blanco e Manuel Dos Santos foron os que acadaron a terceira posición deste campionato de tute. 

24 de xaneiro de 2017 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.