Derbi Galego con sabor a Mahou

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Nunca un derbi galego na liga Nacional de Fútbol sala tivo un padriño tan distinguido. O patrocinador do Santiago Futsal, Mahou, será protagonista do derbi autonómico por excelencia da Primeira División, o que se celebrará o sábado ás 13.15h no Pavillón de Santa Isabel entre o Santiago Futsal e Pescados Rubén Burela FS.

O partidazo correspondente á 18ª jornade Liga e que será televisado en directo pola cadea pública Teledeporte, contará co patrocinio da empresa cervexeira; tamén activa colaboradora do equipo santiagués. Mahou poñeralle sabor ao ‘derbi irmandiño’ grazas ás actividades que desenvolverá antes e durante o mesmo; como repartición de aplaudidores e puntos de photocall con premios ás mellores fotografías.

Non te perdas o derbi máis emocionante da Liga Nacional de Fútbol sala e vive o mellor fútbol sala de Galicia con sabor a Mahou.

30 de xaneiro de 2017 | 19:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.