publicidade hoxe

David Regades visita en Campo Lameiro a remodelación da casa da Chanciña para actividades culturais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCampo Lameiro
A-
A+

O deputado de Cooperación, David Regades acompañado do alcalde de Campo Lameiro, Julio Sayans, visitaron hoxe a remodelación feita na casa dos mestres do colexio da Chanciña que vaise a adicar a locais para actividades diversas e escola de música.

A Deputación de Pontevedra concedeu o ano pasado o través do Plan Concellos unha subvención ao concello de Campo Lameiro para a reforma e acondicionamento interior e a substitución da cuberta da antiga vivenda dos mestres da escola da Chanciña para convertela en escola de música e centro de actividades culturais e sociais.

En concreto a subvención foi de 43.807 euros e a obra foi adxudica no pasado mes de outubro. En dous meses a empresa adxudicataria realizou as reformas que contemplaban o cambio da cuberta do edificio e o derrubo das divisións interiores, a substitución da carpintería exterior e as novas divisións mellorando os asolamento sonoro. Tamén mudouse a instalación eléctrica e de iluminación así como a calefacción e as portas, entre outras melloras.

O concello de Campo Lameiro recibiu dentro do Plan Concellos da Deputación o ano pasado a cantidade de 361.447 euros para inversións, actividades culturais e deportivas e para a contratación de traballadores auxiliares dos servizos municipais, cun incremento dun 18% respecto ao ano 2015. Para o presente 2017 o concello vai contar cunha cantidade lixeiramente superior á cantidade do ano pasado (363.723 euros).

31 de xaneiro de 2017 | 17:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.