publicidade hoxe

David Regades visita as obras do edificio de usos náuticos da Illa de Arousa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Illa de Arousa
A-
A+

O deputado de Cooperación, David Regades e o alcalde da Illa, Carlos Iglesias, acompañados de varios membros da corporación municipal fixeron unha visita ao proxecto construtivo do edificio de usos náuticos para comprobar “in situ” como avanzan as obras tras o retraso sufrido pola necesidade de facer un pequeno modificado do proxecto.

A situación das obras fai pensar que a fase constutiva poda ser rematada no próximo mes de xullo cumprindo así cos prazos. O pasado mes de novembro aprobouse un lixeiro incremento do custe do edificio en pouco máis de 93.000 euros e a súa posterior adxudicación a la empresa construtora por menos de 1,3 millóns de euros retomándose as obras a comezos do mes de decembro.

Agora, e tras comprobar o ritmo das mesmas, tanto o deputado provincial como o alcalde son optimistas ao considerar que se poderán cumprir os prazos e estar rematado no mes de xullo.

O proxecto de edificio de usos náutico-deportivos da Illa de Arousa conta cunha superficie total de 1.600 m2 situados na beira Sur da praia de O Bao xusto tras a ponte que comunica a illa co continente. O club de piragüismo contará con 440 m2 e a escola de navegación con 475, con zona de almacenaxe para 60 dornas. Haberá tamén un ximnasio de 145 m2, unha aula de formación, vestiarios, aseos comúns, unha cafetería, un taller de reparación e pintura para as embarcacións tradicionais e un lugar para o secado de velas. No seu parte superior instalarase unha bancada e un mirador sobre a ría.

Ademais desta obra, que estase facer a cargo do PICEI da Deputación de Pontevedra, o concello da Illa conta para o 2017 con máis de catrocentos mil euros con cargo ao Plan Concellos 2017, o que supón un incremento do 2,04 por cento con respecto ao ano anterior.

30 de xaneiro de 2017 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.