publicidade hoxe

Criaturas Teatro representa en Catoira a obra “O paxaro de Osiris”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCatoira
A-
A+

Este sábado, 28 de xaneiro, actúa no Auditorio o grupo de teatro Criaturas, de Rianxo, que levará á escena a obra “O paxaro de Osiris”. A función será ás 20:30 horas, con entrada de balde ata completar aforo.

SINOPSE: Unha viaxe ó corazón do deserto. Londres, 1930. Bueno, ó final a miña exposición non saíu tan mal como pensaba. Dun xeito un tanto estraño conseguín financiamento para ir na busca do famoso “Paxaro de Osiris”. Teño que levar comigo a unha pedante e egoísta herdeira, pero bueno! Todo sexa por escavar co meu ídolo da infancia, o profesor Sarabande… Iso si, debo ter coidado de que a expedición do señor Graham non se nos adiante, ou esa valiosa xoia acabará en calquera mercado negro… (Adam Smithback)

DIRECCIÓN: Juan Mosquera

DURACIÓN: 90 minutos

REPARTO: Alejandra Picón, Maite Sobradelo, Lucas Tarrío, Fran Rodríguez, Laura Suárez, Laura Conde, Juan Mosquera, Adrián Gómez, Jenny González, David Galbán, Marcos Gómez, Ángela Hermida, Julia Gil, Luis Iglesias, Luismi Figueira, Pablo Rodríguez, Borja Pérez.

25 de xaneiro de 2017 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.