Controlado o incendio forestal rexistrado no concello da Veiga, parroquia de Valdín
A Consellería do Medio Rural informa do control do incendio forestal rexistrado no concello ourensán da Veiga, parroquia de Valdín. O lume, que comezou esta tarde ás 16:00 horas, quedou controlado ás 19:50 horas. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 20 hectáreas. No lugar traballan 3 axentes e 2 brigadas.
2 de xaneiro de 2017 | 11:45 • Sen comentarios