publicidade hoxe

Control dos postos do mercado de Tui para verificar que cumpren coa normativa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

O xoves, 2 de febreiro, o Concello de Tui levará a cabo un control selectivo dos postos do mercado semanal unha vez rematou o prazo de renovación da documentación correspondente ao ano 2017. O obxectivo é comprobar que os vendedores ambulantes teñen a documentación e o pago das taxas ao día polo que a Policía Local levará a cabo o control a primeira hora da mañá previa a montaxe dos postos, de tal xeito que aqueles que non cumpran cos requisitos marcados non poderán instalarse no mercado semanal.

O concelleiro de Seguridade, José Ramón Magán, explica que con esta medida búscase que todos os vendedores ambulantes exerzan a súa actividade en igualdade de condicións  cumprindo cos requisitos establecidos na ordenanza reguladora e estando ao día no pago das taxas establecidas. Engade que para levar a cabo o control solicitarán da subdelegación do goberno a colaboración das forzas de seguridade.  Anuncia o edil que este tipo de controis se realizarán con regularidade.

26 de xaneiro de 2017 | 13:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.