publicidade hoxe

Continúa aberto o prazo para inscribirse na práctica de deportes de inverno en Andorra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

A Semana Branca que o Concello do Grove organiza no mes de febreiro para realizar práctica de deportes de inverno en Andorra mantén un bo ritmo de inscricións. Lémbrase aos interesados que non só se dispón de prazas para a práctica de esquí, cun prezo de 465 euros, senón que poden participar na viaxe sen a actividade deportiva por un prezo de 275 euros que inclúe o transporte e aloxamento en media pensión.

Lembramos que a viaxe realizarase entre o 5 e o 10 de febreiro visitando a estación de Gran Valira e con clases de esquí incluídas. As inscricións requiren dun depósito previo de 150 euros e poden realizarse na axencia de viaxes ViabusTravel do Grove. 

3 de xaneiro de 2017 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.