Cociña de Entroido en Poio
Despois do éxito de participación acadado nas anteriores edicións do curso de cociña de Elena Argüello….. retomamos no centro social do concello de Poio as clases programando catro xoves máis: 16,23 de febreiro 2 e 9 de marzo ás 7 da tarde. A cociñeira xa nos adianta o menú do primeiro día que xa vai ser un menú típico de entroido:Lacón prensado ( recheo de xamón , ovo, trufa…) acompañada de patacas pequenas,un astel de pescado e por suposto de postre as típicas orellas.
Pero en dias posteriores a cociñeira adaptarase o que o mercado ofreza e atenderá as suxerencias do alumnado…todo mesturado cos moitos e bos consellos que ofrece esta magnífica cociñeira.
Catro sesións cheiñas das mellores receitas polas que o alumnado participante paga unha cuota de 20€. O remate de cada xornada o alumnado degusta todos os pratos que se realizan.
Para inscribirse nas oficinas do centro social “casa rosada” ou chamando ó teléfono 986872401