publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Clases de informática para os maiores de Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

Este mércores comenza o primeiro curso de informática para maiores de Gondomar impartido por profesionais do sector.

As clases de informática  impartiranse os mércores de 16:30 a 18:00 no C.D.L (Centro de Desenvolvemento Local) de Gondomar; o curso alargarase ata decembro.  A materia que se explicará está relacionada con conceptos de informática básica, software, ofimática e directrices esenciais de funcionamento.

A Concellería de Benestar ten aberto o prazo de inscripción para os interesados, maiores de 55 anos e censados no municipio. O número de prazas é limitado, os participantes deberán achegarse a Casa da Cultura, departamento de Benestar para formalizar a matrícula. 

31 de xaneiro de 2017 | 11:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.