publicidade hoxe

Catoira recibirá máis de 400.000 euros do Plan Concellos, un 1 % máis que en 2016

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCatoiraPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra achegaralle este ano 2017 un 1 % máis de recursos ao Concello de Catoira no marco do Plan Concellos. Deste xeito, a vila recibirá un total de 405.886,83 €, 3.665,01 euros máis, o que representa un 1 % máis de recursos que en 2016, ano no que xa tivo un 18 % de incremento respecto a 2015 (o que se traduciu en 61.489,14 € máis). Á marxe do Plan Concellos, Catoira recibirá este ano outras axudas e subvencións, enmarcadas nas diferentes áreas de actividade da Deputación de Pontevedra, ás que o concello poderá concorrer.

Investimentos totais durante 2016

Durante 2016 a Deputación de Pontevedra destinou a Catoira un total de 902.423,04 euros (unha media de 267,94 € por habitante), dos cales 402.221,82 € se corresponderon co Plan Concellos 2016. Ademais, a institución provincial investiu 85.000 € en mobilidade, 34.000 € en cohesión social e xuventude, 10.000 € en cultura e lingua, 19.000 € para o fomento do emprego, 24.000 €para o impulso do deporte e outros 6.000 € para a igualdade entre mulleres e homes.

En concreto, a través da liña 1 do Plan Concellos investíronse 223.168,35 € para o acondicionamento de instalacións deportivas municipais, a subministración de equipamentos culturais e deportivos, a dotación de aparellos de parque infantil ao recinto escolar, a construción da pista de pádel, o acondicionamento das dependencias da nova casa do concello, a pavimentación de varias vías e as melloras na iluminación das instalacións deportivas. Ademais, 56.979,15€ destináronse ao pagamento de gastos correntes na liña 2; outros 14.244,79 €, na liña 3, destináronse á Romaría Vikinga e, grazas á liña 4,creáronse 20 postos de traballo nos servizos municipais, cun investimento de 85.468,73 €. En materia de cooperación Catoira tamén recibiu 125.000 € no marco do PICEI para a segunda fase do proxecto de acondicionamento da casa do concello e outros 155.663,44 € a través da convocatoria de préstamos sen xuros.

Á marxe do Plan Concellos 2016, Catoira recibiu 9.506,50 € para o fomento da cultura e a lingua na vila, con máis de 20 actuacións do Pontegal, así como as axudas á sinalización do patrimonio histórico-cultural e a memoria histórica. Tamén se destinaron 34.497,24€ para cohesión social e xuventude, ben a través dos servizos sociaiscomunitarios, as axudas básicas de emerxencia e o servizo de teleasistencia domiciliaria (do que se benefician dúas persoas) ou ben mediante os programas “En ruta coa Depo”, “Depotermal”, “DepoRÚArte” e “Depo Aventura A Lanzada”, no que participaron 10 nenas e nenos do concello.

Do mesmo xeito, Catoira recibiu 24.266 € para o deporte federado de base, diversas actividades deportivas, a participación en ligas e competicións oficiais e as “DEPOrte Escolas” de piragüismo e patinaxe, así como 18.845,76 € para o fomento do emprego a través dos plans de práctica laboral, que están a permitir que dúas persoas desenvolvan a súa primeira experiencia laboral no Concello de Catoira. Tamén se achegaron 6.000 € para igualdade, a través das axudas aos concellos de menos de 20.000 habitantes para o fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a prevención da violencia machista, e outros 85.031,33 € en materia de mobilidade, en concreto para o Plan Móvese e as obras de sinalización horizontal nas vías provinciais.

2 de xaneiro de 2017 | 16:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.