Catoira acolle unha xornada informativa sobre cláusulas chan organizada pola UCGAL
Un técnico da Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) estará este xoves en Catoira para informar sobre as cláusulas chan e os gastos hipotecarios. A xornada informativa levarase a cabo ás 20:00 horas no Edificio Multiusos do Concello. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.
Técnicos da UCGAL están a percorrer Galicia para achegar á cidadanía información actualizada e veraz sobre as cláusulas chan. O vindeiro xoves, 2 de febreiro, estarán en Catoira impartindo unha xornada informativa que leva por título Que podo facer ante unha cláusula chan?, unha actividade cuxo obxectivo é axudar á cidadanía a despexar as súas dúbidas sobre as cláusulas chan.
Trala sentenza ditada polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE), o número de consultas que UCGAL atende sobre cláusulas chan aumentou e, practicamente cada día, atenden a persoas consumidoras que buscan información e asesoramento. Esta xornada informativa forma parte dunha serie de actividades que UCGAL está a desenvolver por toda Galicia para achegar á cidadanía información actualizada e veraz sobre as cláusulas chan.