Catela: “Imos a Peñíscola confiados de facer as cousas ben”

Juanjo "Catela"

Juanjo “Catela”

Juan José Camacho ‘Catela’ desmárcase como un dos xogadores con maior percorrido dentro do plantel branco. Con tan só 21 anos, o gaditano xa vestiu a elástica de dous equipos da mellor Liga do Mundo sendo, no Santiago Futsal, onde a súa notable presenza na pista, levoulle a formar parte dunha convocatoria da Selección Española. ‘Catela’ fala da volta ao traballo do equipo santiagués tras o parón de tres días debido á festividade de Noitevella e Aninovo “Sentáronnos moi ben as vacacións. Estamos a traballar moi ben e imos a Peñíscola confiados de facer as cousas ben e sacar algo positivo”.

Tamén quixo destacar o de Cádiz, o emocionante do empate ante Jaén no último partido do ano “Marchas do pavillón cunha alegría moi grande” pero, á súa vez, recoñeceu que non foi o mellor partido dos brancos “aínda que tamén algo amolado porque fixemos un partido malo no que non estivemos todo o ben que deberíamos”.

Das xa case habituais remontadas santiaguesas nas segunda partes con porteiro-xogador (Levante 2-2, Magna Gurpea 4-3 e Jaén P.Interior 3-3), Catela explicou “Somos un equipo que loita ata o final. Se teñen que vir os puntos nos últimos segundos, está ben. O importante é sumar”.

O sábado terán a primeira proba deste ano 2017. Visitan a pista do sexto clasificado, Peñíscola RehabMedic, equipo que aínda non acadaou a clasificación matemática para a Copa de España. O á gaditano destaca que “será un partido moi difícil. Eles están a facer as cousas moi ben e en casa están a ser fortes” pero “tal e como está a liga de igualada, é alcanzable puntuar en calquera pista”.

Por último, Juanjo ‘Catela’ sentenciou que neste novo ano espera “conseguir a salvación do equipo canto antes e que este vaia crecendo aos poucos, como o estivemos facendo ata agora”. A nivel individual “quero axudar ao equipo en todo o que poida e mellorar na faceta defensiva”.

4 de xaneiro de 2017 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.