Carballo dispón de 13 prazas na Campaña de Esquí da Deputación para cativos de 10 a 14 anos
O Concello de Carballo dispón de 13 prazas na Campaña de Esquí 2017, una actividade xa consolidada dentro da programación da Deputación da Coruña que vai dirixida a nenas e nenos nados entre os anos 2002 e 2006 e empadroados no municipio.
Este ano Carballoestá incluído na quinta quenda, do 26 ao 31 de marzo, xunto co resto dos concellos bergantiñáns.O prazo de inscrición está aberto até o día 23 deste mes de xaneiro. As persoas interesadas poden descargar a ficha nesta mesma nova e entregala, unha vez cumprimentada, no Rexistro do Concello de Carballo. No caso de que o número de solicitudes sexa superior ao de prazas celebrarase un sorteo público o día 25 de xaneiro, ás 18.30 horas, na Casa do Concello. Os nenos e nenas definitivamente admitidos terán que aboar 95 euros como cota de participación.
A Deputación outorgará preferencia aos solicitantes que non participasen en ningunha campaña de neve anterior. A estancia das desenvolverase en aloxamentos situados na estación invernal de Leitariegos.