publicidade hoxe

Bueu recibirá aos Reis Magos de Oriente este xoves

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

O día máis máxico do ano celébrase este xoves, e no Concello de Bueu tamén se unen á recepción dos Reis Magos que recalan na vila para facer que os pequenos e pequenas vivan unha xornada de maxia inesquecible. Así, as súas maxestades estarán ás 12 horas da mañá na Sala de Exposicións Amalia Domínguez Búa, onde recibirán aos nenos e nenas que queiran levarlles as súas cartas ou facerlles directamente os pedidos. Xa pola tarde, ás 18 horas, subiranse ás carrozas reais para iniciar a Cabalgata que percorrerá  as rúas do casco urbano para saudar á veciñanza e agasallar aos máis pequenos con caramelos. O desfile arrincaráda zona de Pescadoira, percorrerá toda a rúa Montero Ríos ata Francisco Escáneo, seguirá por Pazos Fontenla ata Castelao para finalmente enfilar Eduardo Vincenti en dirección ao Concello, dende cuxo balcón as súas maxestades pronunciarán o tradicional discurso de saúdo aos rapaces e rapazas de Bueu.

A xornada rematará cun espectáculo de pirotécnica na praza Massó.

Romaría de Reis

Pola súa banda, a Asociación Cultural dos Santos Reis organiza o 6 de xaneiro a tradicional Romaría de Reis, que comezará ás 11 horas cunha actuación do grupo de gaitas Os Liboreiros acompañando ao grupo de baile “Os pais de San Roque”. Xa ás 12.30 celebrarase a misa con posterior procesión arredor da capela, e ao remate, tomarase a “parva” amenizada con música e baile. 

4 de xaneiro de 2017 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.