publicidade hoxe

Bueu atópase inmerso na rodaxe de proxectos educativos de reflexión sobre a igualdade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+
Rodaxe dos proxectos de igualdade

Rodaxe dos proxectos de igualdade

O alumnado dos centros educativos de Bueu atópase inmerso estes días no período de rodaxe dos proxectos ideados no marco de ExpresArte!, unha actividade organizada polo Centro de Información ás Mulleres, a través dunha subvención da Deputación de Pontevedra.

Así, baixo a coordinación de Ramón Torrente García, axente de igualdade de oportunidades, durante esta semana e ata o martes 24, os alumnos e alumnas participantes están gravando vídeos, spots publicitarios, curtametraxes, minidocumentais nos que reflexionan sobre a igualdade de oportunidades, a adquisición de valores ligados á sensibilización, ao fomento de dinámicas plenamente participativas sobre a creación de propostas de educación e igualdade.

En total, do CEIP A Pedra participan 43 alumnas e 44 alumnos, no CEIP A Torre –Cela, 11 alumnas e 15 alumnos, no CPR Virxe Milagrosa, 72 alumnas e 79 alumnos, no CEIP Montemogos, 11 alumnas e 15 alumnos, no IES Illa de Ons, 54 alumnas e 82 alumnos, e no IES Johán Carballeira, 59 alumnas e 74 alumnos.

A finalidade é fomentar a reflexión e a capacidade crítica sobre a igualdade e a violencia ás mulleres, e como facer cambiar á sociedade axudándose das novas tecnoloxías. 

19 de xaneiro de 2017 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.