Beatriz Mato recibe aos membros da Asociación O Camiño dos Faros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Beatriz Mato na reunión coa Asociación Camiño dos Faros

Beatriz Mato na reunión coa Asociación Camiño dos Faros

A Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, recibiu esta mañá aos membros da Asociación O Camiño dos Faros, Daniel Caramés e Sofía Agrafojo, para coñecer o traballo que realizan a prol da difusión e coidado do patrimonio natural.

A conselleira interesouse polo traballo e a labor deste colectivo, formado en 2013, e trasladoulles a súa colaboración para o desenvolvemento de actividades e acción que coiden, protexan e poñan en valor esta zona da Costa da Morte.

Beatriz Mato indicoulles que a Xunta vén de presentar o Plan de promoción e posta en valor do patrimonio natural que xira en torno a tres eixes de actuación: a posta en valor do patrimonio natural; a promoción e comunicación do patrimonio; e a educación ambiental e divulgación dos recursos naturais de Galicia, co que se apostará pola difusión e investigación científica, dende un punto de vista didáctico. Un plan para levar a cabo durante os próximos catro anos, que conta con 4 millóns de euros e que permitirá levar a cabo 29 actuacións distintas.

27 de xaneiro de 2017 | 17:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.