publicidade hoxe

AEMOS doa xoguetes ao Concello de Mos para que ningún neno quede sen o seu regalo de Reis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+
A alcaldesa de Mos recibindo os agasallos que serán entregados aos nenos

A alcaldesa de Mos recibindo os agasallos que serán entregados aos nenos

Os nenos e nenas das familias con menos posibilidades económicas do Concello de Mos recibirán o xoves, día 5 de xaneiro, ás 11.00 horas da mañá no auditorio do Multiusos das Pozas, os seus agasallos de Nadal das mans das mismísimas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Serán sobre preto de 100 cativos mosenses os beneficiarios.

O sorriso destes cativos será posible grazas á colaboración de AEMOS, Asociación de Empresarios de Mos, e da Iniciativa “Elfos y Calcetines”. Os empresarios mosenses levan colaborando co Concello dende o ano 2001 para que ningún neno de Mos quede sen o seu agasallo por Reis. Precisamente esta mañá a alcaldesa, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social mosense, Sara Cebreiro, recibían na sede dos empresarios e de mans do presidente de AEMOS, Manuel Castro Álvarez, e do vicepresidente da Asociación, Ramón Alonso, os presentes que cada ano doan altruístamente para os pequenos das familias máis necesitadas do municipio.

Castro expresou a intención de AEMOS cara ao ano que ben, de continuar colaborando neste proxecto para tentar aínda melloralo, se cabe, “porque se trata dunha iniciativa moi gratificante”, declarou.

Grazas á colaboración de ‘Elfos y Calcetines’ e da Asociación de Empresarios de Mos –AEMOS- co Concello, ningún neno de Mos quedará sen o seu xoguete a noite de Reis. Como cada ano dende o departamento municipal de Servizos Sociais fíxose un labor de coordinación entre as familias usuarias do departamento, ‘Elfos y Calcetines’ e AEMOS; de xeito que os cativos destas familias escribisen as súas cartas aos Reis Magos para que os voluntarios colaboradores de ‘Elfos y Calcetines’ se encargasen de mercalos.

Deste xeito os nenos e nenas do programa recibirán alomenos un dos agasallos pedidos nas súas cartas. Agasallo que será complementado, por outra banda con xoguetes didácticos como puzles e libros doados por AEMOS. Todos os agasallos, tanto os de ‘Elfos y Calcetines’ como os dos empresarios, están adaptados ás idades dos beneficiarios.

Os case 100 nenos mosenses de familias usuarias de Servizos Soaciais recibirán os seus regalos de Reis, de mans das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, nun acto que se celebrará, como xa se dixo, o 5 de xaneiro pola mañá no Multiusos.

3 de xaneiro de 2017 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.