Aberta a venda anticipada para a tarde laranxa
Xa está aberta a venda anticipada para o segundo Día do Club Laranxa 2016-17. Desde hoxe, a partir das 16.00 horas, todas as persoas interesadas xa poden adquirir a súa entrada para o grande espectáculo que vivirá Vista Alegre o sábado 7 de xaneiro, con dobre cita levantina nunha Tarde Laranxa, comezando con ElPozo Murcia FS (17.00 horas) en Primeira LNFS e finalizando con Jimbee Roldán FSF (19.30 horas) en Primeira RFEF.
A venda anticipada estará aberta ata o xoves, 5 de xaneiro, ás 14.00 horas, na sede do Pescados Rubén Burela FS (Horario de atención ao público: de luns a xoves, 10.00-14.00 // 16.00-19.00).
PREZOS PARA SOCIOS
Adult@: 5 euros
Menor de 18 anos: 1 euro
PREZOS PARA NON SOCIOS
Adult@: 15 euros
Menor de 18 anos: 5 euros