Aberta a inscrición para o concurso do Entroido de Curtis e Teixeiro
O Concello de Curtis repartirá vales de compra entre os gañadores dos concursos de disfraces do Entroido 2017 que se celebrarán o martes, 28 de febreiro, en Curtis e Teixeiro. Os premios, ademais de recoñecer a calidade e a orixinalidade dos disfraces, queren ser un apoio ao comercio local e por iso se incentivará o consumo nos establecementos comerciais e de hostalaría do municipio.
Para participar no concurso será obrigatoria a inscrición que se pechará o 22 de febreiro e, como en anos anteriores, os participantes que se anoten antes desa data recibirán un agasallo.
O Entroido celebrase no salón do Recinto Feiral de Curtis e no pavillón municipal de Teixeiro, en ambas as localidades ás 17.00 horas.