publicidade hoxe

A Xunta financiou o CIM de Ordes con case medio millón de euros desde o ano 2011

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOrdes
A-
A+
Alfonso Rueda na visita ao CIM de Ordes

Alfonso Rueda na visita ao CIM de Ordes

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, visitou hoxe o Centro de Información á Muller (CIM) de Ordes e puxo en valor o traballo das profesionais que desempeñan a súa función nestes centros, que supoñen a primeira porta de entrada para as mulleres en situación de vulnerabilidade.

Rueda, acompañado pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, condenou o última morte por un asasinato machista no Carballiño e insistiu na necesidade de reforzar o papel dos CIM. Ademais, destacou a importancia do pacto acadado á semana pasada por unanimidade de tódalas forzas políticas para loitar contra a violencia machista. Nese sentido, apostou por manter unha loita común, que abranga a tódalas administracións públicas e no que estea implicada toda a sociedade.

O vicepresidente insistiu en que tódolos pasos que se dean nesta loita deben ser cara adiante, cara a ter máis CIM e máis recursos, nunca cara atrás, e recordou que namentres haxa unha muller que precise axuda xurídica, psicolóxica ou de calquera tipo, aí estarán os Centros de Información á Muller e a Xunta de Galicia para axudar no que sexa posible.

Rueda destacou o esforzo feito pola Xunta de Galicia para o mantemento dos CIM e recordou que o Goberno autonómico achegou ao centro de Ordes case medio millón de euros desde o ano 2011. 2015 e 2016 foron os anos nos que máis fondos se transferiron aos CIM de toda Galicia, chegando a máis de 4,2 millóns na última anualidade, a cifra máis alta ata o de agora. O vicepresidente citou estes datos como mostra do compromiso do Goberno autonómico e recalcou que se trata dunha política prioritaria para a Xunta de Galicia.

O CIM da Mancomunidade de Ordes dá servizo a sete concellos (Ordes, Cerceda, Frades, Mesía, Oroso, Tordoia e Trazo) e conta con catro traballadoras (a directora, a asesora xurídica, a asesora psicóloga e a axente de igualdade). De feito, o vicepresidente da Xunta gabou o feito de que o CIM dea servizo a varios municipios e permita así unha mellor atención ás mulleres da zona En 2016, atendéronse 398 persoas, 83 máis que en 2015, e realizáronse 1.651 consultas, 395 máis que ano anterior. Delas, 510 estiveron relacionadas co asesoramento xurídico, 446 con información de recursos, 263 con atención psicolóxica e 208 con atención a vítimas de violencia de xénero.

30 de xaneiro de 2017 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.