A Xunta continúa a súa colaboración coas Agrupacións de Voluntarios como piar fundamental das emerxencias na nosa comunidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Alfonso Rueda na visita á base de Protección Civil de Noia

Alfonso Rueda na visita á base de Protección Civil de Noia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda destacou hoxe a aposta do goberno galego por seguir colaborando coas Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil como piar básico das emerxencias da nosa comunidade.

Alfonso Rueda, acompañado do alcalde de Noia, Santiago Freire, do director xeral d Emerxencias e Interior, Luis Menor e do delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe a base de Protección Civil na localidade coruñesa, que foi recentemente arranxada, cun orzamento global de 85.000 euros, dos que a Xunta aportou 50.000 euros con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, o que amosa unha vez máis o compromiso do goberno galego coas emerxencias.

A Xunta de Galicia leva destinados nos últimos anos máis de oito millóns de euros para reforzar con medios materiais as agrupacións de Protección Civil alí onde máis o necesitan, nun claro compromiso cun dos piares básicos das emerxencias da nosa comunidade que son os voluntarios de Protección Civil.

No caso concreto de Noia, recibiron un furgón loxístico e un remolque de emerxencias. En total, na provincia da Coruña recibiron no 2015 e 2016 un total de 25 pickups; 38 remolques; 18 embarcacións; e 20 furgóns; entre outro material.

2 de xaneiro de 2017 | 16:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.