A viaxe institucional de Jesús Gamallo finaliza coa visita a proxectos financiados en Cuba

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+
Jesús Gamallo na reunión con Nelys García

Jesús Gamallo na reunión con Nelys García

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse onte con Nelys García, directora de Cooperación e Relacións Internacionais da Oficina do Historiador da Habana, para valorar os resultados e as experiencias do intercambio con adolescentes entre Cuba e Galicia realizado no marco do proxecto Cooperación Galega: O Mundo que Queremos.

No ano 2016, integrantes das ONGD galegas que traballan con xuventude viaxaron á illa para coñecer as experiencias dos seus homólogos cubanos e estes devolvéronlle posteriormente a visita a Galicia. Deste intercambio xurdiron novas oportunidades de traballo conxunto e reforzouse a aprendizaxe mutua.

O director xeral visitou tamén o antigo Convento de Belén para coñecer aos beneficiarios do programa social humanitario financiado pola Xunta a través da ONGD galega Asamblea de Cooperación pola Paz.

Finalmente hoxe a viaxe finalizará cunha reunión co embaixador de España en Cuba, Juan Francisco Montalbán e, posteriormente, cun encontro con Inalvis Bonachea, directora de Política Comercial con Europa, do Ministerio de Comercio Exterior y la Inversión Extranjera (MINCEX), co fin de estudar futuras colaboracións no pais.O volume de axuda de Cooperación Galega canalizada ao país desde 2004 ata o momento é de 2.296.458 euros, distribuídos en 27 intervencións.

Deste xeito ponse fin a viaxe institucional anual na que o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE visitou na República Dominicana e Cuba distintos proxectos de saneamento, habitabilidade, auga, educación, prevención de riscos e desenvolvemento comunitario.

O obxectivo principal destas viaxes institucionais é, ademais de supervisar os proxectos financiados, reunirse coas organizacións que os lideran e coas autoridades locais que os apoian e escoitar as apreciacións das persoas beneficiarias dos mesmos.

20 de xaneiro de 2017 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.