Á venda as entradas para o Rio Natura Monbus Obradoiro – Montakit Fuenlabrada
O Multiusos Fontes do Sar volve abrir as súas portas para disputar o primeiro partido do 2017, correspondente á xornada 17, no que o Rio Natura Monbus Obradoiro enfróntase ao Montakit Fuenlabrada, o domingo 15 ás 18.30 horas.
O equipo quere comezar o ano novo cunha vitoria ante a súa afección, por iso todos aqueles que aínda non teñan a súa entrada para gozar do último encontro da primeira volta da liga Endesa poden compralas nas oficinas ou a través da páxina web do club.
O prezo xeral das entradas é de 19€ nos Fondos, 29€ en Tribunas 2, 39€ en Tribunas 1 e 45€ en Retráctiles. Os prezos reducidos para este partido (menores de 18 anos, estudantes menores de 25, maiores de 65, parados de longa duración ou federados do ámbito do baloncesto) son de 15€ en Fondos, 19€ en Tribunas 2 e 29€ en Tribunas 1.
As entradas poden adquirirse até o propio día de partido a través da nosa páxina web (www.obradoirocab.com), nas oficinas do club de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, ou no despacho de billetes o día do partido.
Este partido está incluído de agasallo en todos os abonos realizados na Campaña de Abonos de segunda volta. Este abono inclúe tamén todos os partidos do equipo como local na segunda volta da liga Endesa, na que pasarán por Sar o Real Madrid e o FC Barcelona Lassa.
Os dous seguintes encontros na casa serán contra o Iberostar Tenerife (sábado 21 de xaneiro, ás 20.00 horas) e o ICL Manresa (sábado 4 de febreiro, ás 20.00 horas). As entradas para estes dous partidos xa se atopan tamén á venda en oficinas e páxina web do club e conta cos mesmos prezos que para o partido ante o Montakit Fuenlabrada.











