A selección galega absoluta masculina de balonmán terá dobre enfrontamento contra Xapón
A selección galega absoluta masculina volve as canchas ante o seu público aproveitando o parón ligueiro no Nadal. Desta forma, Galicia terá un dobre enfrontamento contra Xapón os días 7 e 8 de xaneiro en Bueu e O Rosal, respectivamente.
Víctor García “Pillo” repite como seleccionador e hoxe deu a coñecer as convocatorias na que hai xogadores de Asobal (Javi Díaz, Víctor Rodríguez, Roberto Sánchez, Diego Piñeiro, David García, Serafín Pousada, Jesús Soliño, Alejandro Pombo, Pablo Castro, Paulo Dacosta, Rubén Soliño, Moisés Simes ou Dani Cerqueira), así coma un (Adrián Rosales) que compite fóra de España (no Caen de Francia).
O rival será Xapón, que está a preparar o próximo Mundial de Francia, que se celebrará do 11 ao 29 de xaneiro. O conxunto nipón ten como seleccionador ao español Antonio C. Ortega, e por iso apostaron por Galicia para realizar esta preparación. Entre os convocados de Xapón (un nutrido grupo do que haberá unha convocatoria final) hai un xogador que coñece ben o balonmán español: Atsushi Mekaru, do BM Ángel Ximénez.
O 7 de xaneiro celebrarase o primeiro partido en Bueu a partir das 20:30 horas, mentres que o día 8 de xaneiro xogarán no Rosal (18:00 horas). Ademais, Xapón xogará tamén o día 9 en Pontevedra contra o Teucro (20:45 horas).
Últimos encontros. No pasado Nadal, Galicia tamén participou en dos amigables, nesta oportunidade contra Marrocos. Os Galaicos venceron 26-21, no partido celebrado en Cangas e 30-24 no disputado no Rosal.











