publicidade hoxe

A Policía Local da Guarda reforza os mecanismos para o control de animais abandonados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+
Detector de chips

Detector de chips

O Concello da Guarda vén de adquirir dous elementos que reforzarán o control de animais por parte da Policía Local da vila. Estes mecanismos consisten nun lector de chips e unha xaula para a retención temporal dos animais, á espera de que apareza o dono ou se faga cargo a empresa coa que o concello ten convenio (Tragsa).

Deste xeito, a Policía Local da Guarda contará con máis medios para o control de animais domésticos abandonados ou perdidos. É obrigatorio que estes animais leven chip, e o lector adquirido polo concello permitirá controlar a aqueles cans que se escapen ou perdan na vila; así como detectar aqueles que non teñan chip e dar un prazo aos seus donos para que llo poñan.

O obxectivo desta medida é evitar o abandono e loitar contra o maltrato animal. Ademais, tamén pode permitir localizar aos cans que fan as súas defecacións na vía pública, e aos seus propietarios, para que este feito poida ser motivo de sanción de acordo ao regulamento. Manter A Guarda limpa é cousa de todos.

24 de xaneiro de 2017 | 13:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.