A Policía Autonómica da Coruña trasladarase a unhas instalacións renovadas e melloradas en febreiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA Coruña
A-
A+

A Policía Autonómica da Coruña levará a cabo o seu traslado a unhas instalacións renovadas e melloradas nas vindeiras semanas. A nova sede, situada no edificio de Portos, foi renovada logo dun investimento de máis de 50.000 euros.

Segundo destacou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen visitou hoxe as novas dependencias, os case medio cento de axentes que ten a Policía Autonómica na Coruña disporán así dunhas instalacións renovadas e melloradas, mellor situadas das que tiñan agora, para poder seguir levando a cabo nas mellores condicións as importantes funcións que exercen para garantir a seguridade dos galegos. Rueda visitou as novas instalacións acompañado do delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro.

En concreto, as obras realizadas para a adaptación do segundo e terceiro andar do edificio propiciaron a instalación de vestiarios, colocación de vinilos en despachos e as instalación de cámaras de seguridade no perímetro do edificio e no interior.

A Policía Autonómica actúa diariamente en materias tan relevantes como medio ambiente, incendios, furtivismo, control de venda de alcohol a menores ou violencia de xénero, unha competencia asumida recentemente.

Os axentes da sede da Coruña levaron a cabo o ano pasado sete detencións relacionadas con incendios forestais, case setenta sancións por furtivismo, detectaron máis de 700 infraccións no eido do medio ambiente e actualmente ofrecen protección a 26 mulleres maltratadas.

20 de xaneiro de 2017 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.